Saltar ao contido
Feira da Sostibilidade

← Actualidade

· V Feira da Sostibilidade · SENDA 2030

SENDA 2030 recibe o apoio da Cooperación Galega

O proxecto SENDA 2030. Xeración Eco-Étika, de CIDEL Galicia e a Universidade de Vigo, foi seleccionado na convocatoria de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global. A V Feira da Sostibilidade será o seu grande espazo de encontro.

Alumnado presentando os resultados dunha investigación de ciencia cidadá

A Xunta de Galicia, a través da Cooperación Galega, resolveu a convocatoria de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global 2026. Entre os proxectos subvencionados está SENDA 2030. Xeración Eco-Étika: Construíndo cidadanía global dende as aulas a través da ciencia cidadá e a participación, presentado pola agrupación de CIDEL Galicia e a Universidade de Vigo.

O proxecto, que conta co IES Luís Seoane como aliado educativo, implicará ata 16 centros educativos galegos durante o curso 2026–2027: formación e laboratorio docente, investigacións de ciencia cidadá, a campaña «Eco-Étika: Dálle a volta», encontros con docentes e mocidade de América Latina e dez microproxectos protagonizados polo alumnado.

Todo ese traballo confluirá na V Feira da Sostibilidade, os días 28, 29 e 30 de abril de 2027 no IES Luís Seoane, xunto co II Foro de Desenvolvemento Local e a I Conferencia COOPEDUGAL.