Saltar ao contido
Feira da Sostibilidade
Corredor do IES Luís Seoane cheo de xente durante a Feira da Sostibilidade

V edición · 28, 29 e 30 de abril de 2027

V Feira da Sostibilidade SENDA 2030

IES Luís Seoane · Monte Porreiro, Pontevedra

A edición

Eco-Étika en acción

O punto de encontro de SENDA 2030: un curso de investigación, diálogo entre territorios e acción protagonizada polo alumnado, que se mostra en abril no IES Luís Seoane.

  • II Foro de Desenvolvemento Local
  • I Conferencia COOPEDUGAL
  • Microproxectos Eco-Étika. Pensa. Actúa.
  • Voces do Sur Global

SENDA 2030 · O camiño ata a Feira

Investigar, contrastar, actuar.

SENDA 2030. Xeración Eco-Étika é o proxecto de CIDEL Galicia e a Universidade de Vigo, co IES Luís Seoane, que une ciencia cidadá, práctica docente e participación xuvenil durante todo o curso. Así é o camiño:

  1. Outono 2026 Estamos aquí

    Arranque

    Coordinación cos centros participantes e liña de base.

  2. Novembro 2026 – marzo 2027

    Formación, laboratorio e ciencia cidadá

    Formación docente en EpDCG, laboratorio de propostas educativas, obradoiros de cidadanía global e microproxectos Eco-Étika nas aulas.

  3. Primavera 2027

    Diálogo entre territorios

    Encontros local-global con docentes de América Latina, Eco-Étika Conecta e a campaña «Dálle a volta».

  4. 28–30 abril 2027

    V Feira da Sostibilidade

    Tres xornadas no IES Luís Seoane co II Foro de Desenvolvemento Local e a I Conferencia COOPEDUGAL.

  5. Maio – setembro 2027

    SENDA Aberta

    Sistematización, documental e guía «Así fixemos SENDA» para que outros centros poidan adaptar a experiencia.

Na Feira

Que haberá na V Feira.

  • Alumnas explicando o seu stand

    Stands e microproxectos do alumnado

    Os microproxectos Eco-Étika presentados e dinamizados polo alumnado e o profesorado dos centros participantes.

  • Alumnado presentando unha investigación

    Investigacións de ciencia cidadá no rural

    Os centros rurais vinculados a Postgrowth S.A.:Rural comparten as súas investigacións sobre a transición ecolóxica xusta.

  • Charla no salón de actos

    II Foro de Desenvolvemento Local

    O rural ante a transición ecolóxica xusta: mesas de deliberación entre alumnado, profesorado e actores do territorio.

  • Exposición de carteis no corredor

    I Conferencia COOPEDUGAL

    Dúas xornadas de relatorios, experiencias e o espazo «O Local dende o Sur», vinculadas á Feira.

  • Crianzas xogando a un xogo inclusivo

    Obradoiros, charlas-foro, xogos e escape rooms

    Propostas de centros, entidades sociais, ONGD, universidade e iniciativas do territorio.

Quen o fai posible

Organiza, impulsan e apoian.

SENDA 2030 está financiado pola Xunta de Galicia a través da Cooperación Galega.

Organiza

Impulsan

Co apoio de

Actualidade

Noticias do camiño.

Alumnado presentando os resultados dunha investigación de ciencia cidadá

· Feira 2027

SENDA 2030 recibe o apoio da Cooperación Galega

O proxecto SENDA 2030. Xeración Eco-Étika, de CIDEL Galicia e a Universidade de Vigo, foi seleccionado na convocatoria de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global. A V Feira da Sostibilidade será o seu grande espazo de encontro.

Queres participar nesta edición?

Centros educativos, entidades, empresas e medios: escríbenos e contámosche como.